Páxina de encontro do movemento memorialístico galego
Iniciativa Galega pola Memoria
  • Novas
    • Verdade >
      • O dereito a saber, a liberdade investigar
    • Xustiza >
      • Encontro da IGM co relator da ONU
      • Informe do Relator especial da ONU Pablo de Greiff sobre o Estado Español en materia de verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición
    • Reparación >
      • Nomes
    • Non repetición >
      • Manifesto de Montecubeiro contra a apoloxía do franquismo
  • Principios
  • Actos
    • Listaxes e Memorial
    • Historia do memorialismo galego
    • Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo >
      • 2006
      • 2007
      • 2008
      • 2009
      • 2010
      • 2011
      • 2012
      • 2013
      • 2014
      • 2015
    • Desagravio ás vítimas do franquismo en Montecubeiro
  • Adhesións
    • Persoas
    • Entidades
  • Opinión
  • Recursos
    • Audio
    • Ligazóns
    • Fotos >
      • San Simón
    • Publicacións
    • Vídeos

Encontro das asociacións memorialísticas galegas en San Adrián de Cobres (Vilaboa)

11/23/2015

0 Comentários

 
Imagen
O vindeiro sábado 28 de novembro haberá un encontro de asociacións de memoria histórica en Vilaboa. Será a partir das 11 horas na Casa de Cultura de Riomaior, en San Adrián dos Cobres-Vilaboa (debaixo do viaduto da Autoestrada). O obxecto desta xuntanza é poñer en común as propostas de traballo para o ano 2016, que será un ano propicio para darlle un pulo ao noso labor por cumprírense 80 anos do inicio da represión fascista. O encontro está aberto a todas as persoas sensibilizadas e comprometidas nesta tarefa.
A seguir da xuntanza, ás 13.30 h., terá lugar un acto reivindicativo no peirao de Santa Cristina dos Cobres (Vilaboa). A Asociación A Regaduxa. Memoria Histórica de Vilaboa escolleu este lugar para instalar unha inscrición de lembranza das vítimas da represión co seguinte texto “Memoria das vítimas do terror franquista en Vilaboa”. Esta instalación foi prohibida por Portos de Galicia, alegando razóns técnicas que en realidade agochaban motivacións políticas.
O lugar escollido para a homenaxe está cargado de simbolismo pois está situado fronte a San Simón e moi preto da estrada que foi construída co traballo forzado dos presos da illa. E á beira da ría de Vigo, a maior foxa común do noso país, onde foron fondeados os corpos de ducias de homes que nunca voltaron.
Alí no peirao de Santa Cristina, á beira da ría de Vigo, fronte á illa da Memoria, daremos lectura á Declaración de Vilaboa para renovar o noso compromiso inquebrantábel pola Memoria e a Xustiza e contra o Esquecemento.
0 Comentários



Enviar uma resposta.

    IGM

    Iniciativa Galega pola memoria

    Memorial
    Entidades adheridas
    Imagen

      Contacto

    Enviar

    Feed RSS

VERDADE
XUSTIZA
REPARACIÓN
NON REPETICIÓN