Páxina de encontro do movemento memorialístico galego
  • Novas
    • Verdade >
      • O dereito a saber, a liberdade investigar
    • Xustiza >
      • Encontro da IGM co relator da ONU
      • Informe do Relator especial da ONU Pablo de Greiff sobre o Estado Español en materia de verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición
    • Reparación >
      • Nomes
    • Non repetición >
      • Manifesto de Montecubeiro contra a apoloxía do franquismo
  • Principios
  • Actos
    • Listaxes e Memorial
    • Historia do memorialismo galego
    • Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo >
      • 2006
      • 2007
      • 2008
      • 2009
      • 2010
      • 2011
      • 2012
      • 2013
      • 2014
      • 2015
    • Desagravio ás vítimas do franquismo en Montecubeiro
  • Adhesións
    • Persoas
    • Entidades
  • Opinión
  • Recursos
    • Audio
    • Ligazóns
    • Fotos >
      • San Simón
    • Publicacións
    • Vídeos

Xustiza e fin da impunidade

A Iniciativa Galega pola Memoria ten acordado pronunciarse a prol de esixir o cumprimento polo Estado Español do dereito internacional en materia de dereitos humanos, atendendo as reclamacións que lle fan desde diferentes organismos intergobernamentais e non gobernamentais internacionais, que apelan aos propios tratados asinados polo Estado Español e as Convencións e Normas de dereito interno e externo vixentes no momento de cometerse os crimes de lesa humanidade. Xa que logo demandamos:
  • Derogación da lei 46/1977, de 15 de outubro, chamada lei de Amnistía, especialmente o artigo 2º F. pola incompatibilidade desta lei coas obrigacións internacionais do Estado en materia de dereitos humanos. 
  • Nulidade das sentenzas dos tribunais franquistas por ausencia nos procesos das debidas garantías e non posuír o tribunal a indispensábel imparcialidade, deixando ás vítimas na indefensión e as familias sen a debida opción a reclamación, revisión e reparación fronte as condenas inxustas. Está amplamente demostrado que as condenas carecían de probas suficientes e eran motivadas por persecución política ou mesmo para servir de escarmento como efecto disuasorio, e a metodoloxía empregada para fundar as causas incluía tortura e tratos crueis con intención de extraer confesións o inflixir sufrimento, entre outras moitas irregularidades. 
  • Cumprimento da “Declaración sobre a protección de todas las persoas contra as desaparicións forzadas” atendendo ao que di no seu Artigo 17.1.: “Todo acto de desaparición forzada será considerado delito permanente mentres os seus autores continúen ocultando a sorte e o paradeiro da persoa desaparecida e mentres non se esclareceron os feitos”. Polo que manifestamos o noso desacordo coa actitude das autoridades do Estado Español que veñen negando o carácter continuado da desaparición forzada. Coincidimos cos organismos internacionais que sosteñen que nos casos de desaparición forzada, os prazos de prescrición deben contar a partir do momento en que cesa a desaparición forzada, é dicir, desde que a persoa aparece con vida ou se atopan os seus restos.

Encontro da IGM co Relator de DH da ONU
Informe do relator da ONU
VERDADE
XUSTIZA
REPARACIÓN
NON REPETICIÓN