Páxina de encontro do movemento memorialístico galego
Iniciativa Galega pola Memoria
  • Novas
    • Verdade >
      • O dereito a saber, a liberdade investigar
    • Xustiza >
      • Encontro da IGM co relator da ONU
      • Informe do Relator especial da ONU Pablo de Greiff sobre o Estado Español en materia de verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición
    • Reparación >
      • Nomes
    • Non repetición >
      • Manifesto de Montecubeiro contra a apoloxía do franquismo
  • Principios
  • Actos
    • Listaxes e Memorial
    • Historia do memorialismo galego
    • Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo >
      • 2006
      • 2007
      • 2008
      • 2009
      • 2010
      • 2011
      • 2012
      • 2013
      • 2014
      • 2015
    • Desagravio ás vítimas do franquismo en Montecubeiro
  • Adhesións
    • Persoas
    • Entidades
  • Opinión
  • Recursos
    • Audio
    • Ligazóns
    • Fotos >
      • San Simón
    • Publicacións
    • Vídeos

A Iniciativa Galega pola Memoria súmase á denuncia polo acto vandálico no monumento dos carrilanos asasinados en Castrelo do Val en 1936

7/24/2017

1 Comentário

 
Imagem
Imagem
O monolito lembra que neste concello ourensán os fascistas asasinaron os cidadáns portugueses D. Ramiro, José María Sena e Antonio Ribeiro. Ribeiro segue soterrado baixo a peza, que sufriu importantes destrozos hai uns días

A IGM denuncia que a agresión supón unha nova aldraxe ás vítimas da represión franquista, que xa veñen sufrindo a cotío o absoluto desprezo de Xunta e Estado que unha e outra vez poñen atrancos á memoria

Pontevedra, 24 de xuño de 2017.- A Iniciativa Galega pola Memoria (IGM), que agrupa colectivos de toda Galiza, quere sumarse á condena polos actos vandálicos cometidos contra o monumento en memoria dos carrilanos portugueses asasinados polo fascismo no concello ourensán de Castrelo do Val.
A peza, inaugurada en agosto de 2012 grazas ao empeño de Nomes e Voces, a Asociación Carrilanos de Campobecerros e o Concello de Castrelo do Val, lembra o asasinato de D. Ramiro, José María Sena e Antonio Ribeiro, este último aínda soterrado baixo a parcela que acolle o monumento. Os tres, carrilanos de profesión, naceran en Portugal pero no momento do golpe residían en Castrelo do Val. Polo seu apoio á República foron asasinados polo fascismo e máis de oitenta anos despois dese crime, a intolerancia cébase máis unha vez contra eles, destrozando a peza que honra a súa memoria.
Tanto a Asociación Carrilanos de Campobecerros como Nomes e Voces a través de Histagra condenaron xa estes feitos e solicitaron a restitución da peza por parte do Concello, que xa colaborara na súa creación e que tamén comprometeu a súa restitución. A Iniciativa Galega pola Memoria súmase a esa petición e como antes fixeron outros colectivos da zona como CIG Ourense, quere amosar publicamente o rexeitamento a actos que, coma este, supoñen unha nova aldraxe ás vítimas da represión franquista, que xa veñen sufrindo a cotío o absoluto desprezo das administracións autonómicas e estatais. Xunta e Estado non só se gaban de non destinar nin un só céntimo ás políticas públicas de memoria senón que unha e outra vez poñen atrancos a quen asume a obriga moral e democrática de recoñecer ás vítimas do 36. 
1 Comentário
Pablo
8/2/2017 02:36:09 pm

Por favor, é Castrelo do Val, non Castro do Val...
Máis criterio e sobre todo MEMORIA....

Responder



Enviar uma resposta.

    IGM

    Iniciativa Galega pola memoria

    Memorial
    Entidades adheridas
    Imagen

      Contacto

    Enviar

    Feed RSS

VERDADE
XUSTIZA
REPARACIÓN
NON REPETICIÓN