Páxina de encontro do movemento memorialístico galego
Iniciativa Galega pola Memoria
  • Novas
    • Verdade >
      • O dereito a saber, a liberdade investigar
    • Xustiza >
      • Encontro da IGM co relator da ONU
      • Informe do Relator especial da ONU Pablo de Greiff sobre o Estado Español en materia de verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición
    • Reparación >
      • Nomes
    • Non repetición >
      • Manifesto de Montecubeiro contra a apoloxía do franquismo
  • Principios
  • Actos
    • Listaxes e Memorial
    • Historia do memorialismo galego
    • Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo >
      • 2006
      • 2007
      • 2008
      • 2009
      • 2010
      • 2011
      • 2012
      • 2013
      • 2014
      • 2015
    • Desagravio ás vítimas do franquismo en Montecubeiro
  • Adhesións
    • Persoas
    • Entidades
  • Opinión
  • Recursos
    • Audio
    • Ligazóns
    • Fotos >
      • San Simón
    • Publicacións
    • Vídeos

CANGAS 1936

10/16/2016

0 Comentários

 

Pombas, pombas, pombas.

Oxalá sexan pombas

as que arrolen

a noite

que elevará as súas alas

no amencer.

 

Ergueuse unha pomba de aceiro

onde caeu o mecánico Eugenio Bastos;

onde caeu o mariñeiro Antonio Blanco

ergueuse outra pomba de auga;

e outra pomba máis de cal onde caeu

o albanel Guillermo Fernández;

e dúas pombas de pedra

onde caeron os irmáns canteiros

Antonio e Estanislao Ferreiro;

e aínda se ergueu outra pomba de sal

polo mariñeiro Daniel González Graña;

erguíanse mentres outras pombas

de pico e cuña polos irmáns canteiros

Alejandro e José Martínez Pazó;

e voaba outra pomba de xeso

polo albanel José Nores;

e nadaba outra pomba de océano

polo mariñeiro Normandino Núñez;

e camiñaba outra pomba de roca

polo canteiro Secundino Ruibal,

como se o monte de Angueiro

soubese o vinteoito de agosto

de mil novecentos trinta e seis

que alí xa non mataban homes,

senón que soltaban pombas

de exemplo e dignidade

voando libres para sempre.

 

Porque as pombas ficaron

voando libres para sempre.

 

Pombas. Pombas. Pombas.

 

Eu non lles pido que me baixen

a estrela do ben no bico,

senón que ascendamos xuntos

coa marea irredutible

que elevará o mar ao monte.

 

Que o libre voo das pombas da paz

erga para sempre a memoria solidaria

das xentes xustas que o deron todo

pola liberdade e a xustiza.

 

Pombas! Pombas!! Pombas!!!
0 Comentários



Enviar uma resposta.

    IGM

    Iniciativa Galega pola memoria

    Memorial
    Entidades adheridas
    Imagen

      Contacto

    Enviar

    Feed RSS

VERDADE
XUSTIZA
REPARACIÓN
NON REPETICIÓN