Páxina de encontro do movemento memorialístico galego
Iniciativa Galega pola Memoria
  • Novas
    • Verdade >
      • O dereito a saber, a liberdade investigar
    • Xustiza >
      • Encontro da IGM co relator da ONU
      • Informe do Relator especial da ONU Pablo de Greiff sobre o Estado Español en materia de verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición
    • Reparación >
      • Nomes
    • Non repetición >
      • Manifesto de Montecubeiro contra a apoloxía do franquismo
  • Principios
  • Actos
    • Listaxes e Memorial
    • Historia do memorialismo galego
    • Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo >
      • 2006
      • 2007
      • 2008
      • 2009
      • 2010
      • 2011
      • 2012
      • 2013
      • 2014
      • 2015
    • Desagravio ás vítimas do franquismo en Montecubeiro
  • Adhesións
    • Persoas
    • Entidades
  • Opinión
  • Recursos
    • Audio
    • Ligazóns
    • Fotos >
      • San Simón
    • Publicacións
    • Vídeos

Declaración en defensa da incorporación do estudo do levantamento militar e a represión franquista en Galiza no curriculum escolar

7/26/2018

0 Comentários

 
As entidades agrupadas na Iniciativa Galega pola Memoria queremos denunciar a exclusión do estudo da historia do levantamento militar fascista contra a República, da represión contra vidas e dereitos durante a Ditadura (1936-1975) e das pervivencias do franquismo na transición e no período posterior da monarquía constitucional.
Fronte a esta exclusión, reclamamos que este estudo se faga desde unha óptica galega, inserida no coñecemento da evolución histórica de Galiza nas primeiras décadas do século XX e durante a II República, no coñecemento e estudo da devastación humana, social e política causada no noso país polo golpe militar e a Ditadura, e na comprensión das consecuencias institucionais, sociolóxicas e ideolóxicas da Ditadura na sociedade actual.
E esiximos que a incorporación destes contidos e coñecementos teña como referencia os tratados internacionais asinados polo Estado en materia de dereitos fundamentais e as esixencias das Nacións Unidas.

Por todo o anterior, reclamamos un ensino que se asente no exercicio do dereito persoal e colectivo á verdade, á reparación, á xustiza e para garantir a non repetición do franquismo:

1.- O ensino debe deixar de ocultar a verdade da historia dos feitos que aconteceron no noso país, na medida que son imprescindíbeis para comprender a realidade presente en canto é froito deses sucesos.  Para iso debe incorporarse no currículo o coñecemento dos crimes do franquismo e a memoria da resistencia contra este réxime opresivo.
2.- O ensino ten que compensar e corrixir unha longa socialización e normalización da represión franquista e da impunidade dos seus crimes.
3.- O ensino debe promover os valores de respecto aos dereitos humanos para o cal non pode excluír dos seus contidos a violación destes que se teñen producido no noso país e analizar de xeito crítico aqueles aspectos pendentes de abordar polo Estado neste ámbito e que teñen que ver coa impunidade, a non investigación das desaparicións forzosas, a prescrición de crimes contra a humanidade, etc...
4,- O ensino debe fomentar os valores democráticos para o cal é indispensábel educar na asunción do pluralismo político, na defensa das liberdades civís e do dereito de expresión e organización, na apreciación positiva da participación política e do compromiso social e combater calquera visión totalitaria e antidemocrática que xustifique ou faga apoloxía da represión destes dereitos fundamentais.
0 Comentários



Enviar uma resposta.

    IGM

    Iniciativa Galega pola memoria

    Memorial
    Entidades adheridas
    Imagen

      Contacto

    Enviar

    Feed RSS

VERDADE
XUSTIZA
REPARACIÓN
NON REPETICIÓN